

Todos temos un colega, un curman, un cuñado ou un coñecido que sabe de marketing ata que os que saben de marketing falan de marketing.
Da man de Markea - Asociación Galega de Marketing presentamos:
E TI, SABES DE MARKETING?
As pezas buscan dar a coñecer e analizar a imaxe do marketing e a dos seus profesionais en Galicia e a suma de valor que esta disciplina profesional aporta ás empresas.
Para acadar estes obxectivos, baseamos a campaña en tres piares:
✔️ Unha linguaxe moi coloquial e próxima.
✔️ Diríxese principalmente a un público b2b (grandes empresas, pemes e autónomos)
✔️ Contar co apoio de personaxes de recoñecida relevancia en Galicia, que xeran grandes doses de empatía no público en xeral.



